Saltar ao contido principal

Publicacións

20 de ABRIL do 2024

Outra emisión máis deste programa. Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para adubiar esta emisión e poñémonos en contacto co primeiro convidado, don SERXIO Mª RODRÍGUEZ ÁLVAREZ , Historiador, Politólogo, Escritor e investigador moi coñecedor do Couto Mixto. Parabenizámolo porque próximamente, concretamente o día 23 de abril, virá a Santa Coloma de Gramenet a presentar o seu libro: "O pensamento político de Ramón Piñeiro" . Fálanos dese libro que contén a traxectoria política deste personaxe tan interesante da nosa cultura galega. Tamén estudou, traballou e escribiu sobre a figura de don Vicente Risco, outro galeguista que paga a pena ler, segundo nos fala na peqeuna conversa que mantivemos. Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a contactar con el para seguirmos sabendo máis da nosa historia de das súas investigacións. dona Lucía Araújo A continuación escoitamos outro bocado de música e poñémonos en cont
Publicacións recentes

SÁBADO 13 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR MANUEL REY CALO , que nos comunica as diversas noticias acontecidas, durante a semana, naquela contorna e que se poden ampliar más detidamente na páxina quepasanacosta.gal, ademais volve a informar que este noso programa re-emítese mañá, domingo, na emisora "Radio Roncudo" a partir das dez da mañá. Agradecémos a súa aportación e desexamos unha boa fin de semana. Conectamos agora con ANGELA COSTAS PARADA , Pintora galega, Ilustradora de grande prestixio, que foi elixida para ilustrar o libro de poemas premiados nos 5 últimos anos do Certame Internacional de Poesía Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Cóntanos as súas experiencias creando ilustracións e aportacións feiticeiras para moitos autores, tanto de narrativa como poética. A súa inspiración e traballo creativo plásmase nunha imaxe que

SÁBADO 6 de ABRIL do 2024

Unha nova emisión, despois das "ferias de Semana Santa". Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e propoñemos escoitar a participación do noso incondicional ointe, dende Río de Janeiro, CHRISTIAN SALLES , que nos adianta o tema que imos a tratar hoxe, co noso primeiro convidado. Tal e como lles adiantabamos, escoitamos o comezo dunha nova peza musical e poñémonos en contacto con MODESTO FRAGA MOURE , escritor, investigador e poeta de Fisterra. Parabenizámolo polo seu traballo tan interesante relacionado coa "Biblioteca de Fisterranía". Xa leva publicado tres volumes de persoeiros sobranceiros daquelas terras. Este último recolle a vida e grandes obras de "Don Emérito" o Médico dos pobres: Desiderio Paz Figueroa . Mantemos con el unha conversa.entrevista chea de engado e aprendizaxe. O seu traballo céntrase e deixar documentado e recollido todo o material relacionado cos personaxes daquela contorna. Unha grande laboura, que continúa e que seguro terá m

SÁBADO 16 de MARZO do 2024

Este sábado tivemos que facer unha emisión especial e algo diferente. Non pudiamos facer o programa en directo porque tiñamos interpretación teatral no "Auditorio de San Ildefonso" de Cornellà. A compañía de Teatro de Aficcionados "Anduriña" puxemos en escea a obra adaptada " Cinderela e os Postres de El Rei ". Consiste nunha posta en escea do conto de Cinderela, pero á nosa maneira, dándolle un "tinte" moi feminista e reivindicativo, no que puxemos todo o interese, sendo que ademia foi un dos actos convocados polo Concello de Cornellà para homenaxear a tódolas doonas. Así pois este noso programa "enlatado" tan ´so contou con poucos participantes. Seguro que disfrutarán co que fomos capaces de compartir. A primeira intervención foi a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Despois escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso Presidente, OLIVER FERNÁNDEZ ,  da Asociaci

SÁBADO 9 de MARZO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Hoxe non podemos contar coa participación do noso compañeiro Armando Fernández , que está convaleciente dunha pequena crisi médica, e dende aquí lle enviamos os nosos desexos de que pronto se poida recuperar e reincorporarse con nosoutros. Despois da sintonía, das salutacións e a escoita dunha peza musical, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que sempre nos debulla unha escolla das noticias que podedes ampliar na súa páxina quepasanacosta.gal , tal e como informamos cada semana. As celebracións, con motivo do día internacional da dona, foron as noticias máis abundantes esta semana, xunto con outras que, como xa dixemos podedes ler na páxina antes mencionada. Desexámoslle unha feliz semana. A segunda intervención é a de ZELTIA MATEO ÁLVAREZ , unha Peluqueira-Maquilladora de Quiroga, que ven de ser a gañadora do Cartel que anuncia a "XLII Feira do viño de Quiroga" . Felicitámola e mantemos con ela

SÁBADO 2 de MARZO do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Escoitamos a nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de rigor, escoitamos outro bocadiño de música e recibimos nos estudios a MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, grande amigo, que foi o primeiro director deste noso programa "Semprengalicia". A súa visita débese a que é un dos compoñentes da " Compañía de Teatro Anduriña " da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellá., e que dirixe moi acertadamente GISELA RODRÍGUE Z Conversamos acerca da próxima posta en escena da obra. " Cinderela e os postres de El-Rei ", unha obra-conto adaptada precisamente pola propia compañía "Anduriña", que se interpretará o día 16 de marzo na Biblioteca, mellor dito no Auditorio de San Ildefonso, a partir das 18h. Os interesados deben ir a recoller ás entradas á Sé da nosa Entidade, na rúa Federico Soler. As entradas son gratuítas, ata completar o aforo. Desexamnos poder disfrutartodos deste evento, programado dentro das activida

SÁBADO 24 de FEBREIRO do 2024

Óscar Rey Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en Galego para informarvos e dar a coñecer algunhas novidades interesantes. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, ÓSCAR REY CALO , que sempre ten preparada a súa crónica semanal moi acaída. É un resumo das novidades e informacións acontecidas naquela contorna, que todos os nosos oíntes e seguidores poden ampliar, como sempre lles informamos, na excelente páxina quepasanacosta.gal . Tamén nos lembra que este noso programa volve a re-emitirse en Radio Roncudo mañá, domingo a partir das 10h da mañá. Agradecémosllelo e desexamos que teña unha feliz semana. A continuación dámoslles a coñecer unha serie de actividades que ten previsto realizar a nosa Entidade: A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà , que comeza coa celebración da Asemblea Xeral prevista para esta mesma tarde a partir das 19h, na Sé. Despois a celebración do "Día d